FACEMOS EXPOSICIÓNS SOBRE AS CAUSAS E CONSECUENCIAS DO CONSUMO DE TABACO
(Profesora: Mª Jesús Gil Castro)
En 2º de ESO A e B, en Lingua Castelá, o alumnado preparou exposicións orais sobre diversos temas relacionados co tabaco: historia, consumo, adicción, enfermidades, prevención...
Esta actividade desenvolveuse de forma simultánea co traballo de Física e Química.
jueves, 29 de junio de 2017
miércoles, 28 de junio de 2017
ENQUISA ON LINE PARA O ALUMNADO
ENQUISA SOBRE TABAQUISMO DIRIXIDA AO ALUMNADO
(Profesora: Felisa Redondo Valín)
Este traballo foi realizado nas sesións de Ámbito Lingüístico e Social co grupo de 3º de PMAR.
Podedes ver toda a información sobre esta actividade no blog de aula de Felisa:
http://clubpoetasinsomnes.blogspot.com.es/search/label
Neste mesmo enlace, podedes ler como se realizou a exposición: "Entonces, ¿Por qué fumas?"

ENQUISA SOBRE HÁBITOS NO CONSUMO DO TABACO
ELABORAMOS UNHA ENQUISA PARA AS FAMILIAS...
(Profesoras: Beatriz García López e Mª Jesús Gil Castro)
Esta actividade realizouse en 1º de ESO C, nas sesións de Lingua Castelá e Matemáticas.
Nunha sesión de Lingua Castelá redactamos as preguntas: organizamos a clase en grupos de cinco e plantexamos os temas (hábitos persoais, observación do entorno e análise das causas e consecuencias do tabaquismo).
Despois de darlle un formato adecuado nun procesador de textos, o alumnado encargouse de levar catro enquisas para as súas casas para que foran cubertas por membros da súa familia.
En Matemáticas o alumnado elaborou os gráficos estadísticos correspondentes ás respostas á cada pregunta da enquisa.
Os gráficos que fixeron foron diagramas de barras e diagramas de sectores. Para isto, empregaron os seus portátiles e o programa de libre office, folla de cálculo. Ao mesmo tempo, íase facendo no ordenador do profesor, e podíamos visualizar na pizarra dixital o proceso.
Sacamos ás seguintes conclusións, despois de analizar os resultados:

- Na primeira pregunta observamos que é moi superior o número de mulleres que nunca fumaron que o de homes.
- Na pregunta terceira vemos que a porcentaxe de mulleres que fuma na casa é maior ca de homes, mentres que a porcentaxe de homes que fuman en lugares públicos é case o dobre que a das mulleres.
- Nas cuestións catro e cinco, sinalamos que aínda que a porcentaxe de homes e mulleres que intentaron deixar de fumar é similar e moi alta, a porcentaxe de mulleres que pensan que poden deixar de fumar coa axuda profesional adecuada é moito máis alta que no caso de homes.
- A pregunta oitava móstranos que hai unha porcentaxe máis ampla de mulleres que pensan que convivir con persoas fumadoras pode fomentar adquirir o hábito de fumar.
- E, por último, na pregunta undécima, vemos que entre os motivos para empezar a fumar, case o dobre de homes que de mulleres din que é por chamar a atención ou parecer interesante. Porén, o número de mulleres que responden que empezan a fumar por curiosidade é dúas veces superior que o dos homes.
domingo, 25 de junio de 2017
INVESTIGACIÓN EN EDUCACIÓN FINANCIERA
FACTORES SOCIAIS E ECONÓMICOS QUE INFLÚEN NO TABAQUISMO
(Profesora: Raquel Paz Meilán)
Este traballo de reflexión e investigación foi realizado nas sesións de Educación Financiera co alumnado de 2º de ESO.
Aquí podedes ver a explicación, e máis abaixo, as presentacións dixitais.

SLÓGANES E CÓMICS TAMÉN EN FRANCÉS
ELABORAMOS OS SLÓGANES E OS CÓMICS EN FRANCÉS
(Profesora: Mª Luz García Fernández)
A profesora de francés fixo co alumnado de 2º ESO D e 1º de ESO B a campaña contra o consumo do tabaco na lingua veciña.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)